Saturday 27 de April de 2024

Xuntanza de traballo entre o Concello de Ordes e a asociación Isabel Zendal


A presidenta da asociación Isabel Zendal e o seu secretario mantiveron unha xuntanza de traballo co alcalde de Ordes e os concelleiros do seu equipo. Pilar Farjas e Fernando Fernández agradeceron o traballo e compromiso do Concello de Ordes no enxalzamento da figura e do labor levado a cabo pola enfermeira nacida na parroquia de Parada, e recoñecida recentemente co título de filla predilecta. Entre os aspectos a tratar neste encontro destacaron programas para difundir entre a poboación estudantil a importancia de Isabel Zendal na erradicación da varíola polo novo mundo, ademais da posibilidade de crear bolsas de investigación, certames e concursos que leven o seu nome.